Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece
a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Pola súa
vez, o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a
estrutura orgánica dos seus departamentos, quedando
a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
configurada como se indica no seu artigo 5.
Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación
e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións
conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro,
reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada
pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe
previo das consellerías de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza e de Economía e
Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta
de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de
decembro de dous mil cinco,
DISPOÑO
Artigo 1º.-Ámbito competencial.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
é o órgano da Administración da Comunidade
Autónoma de Galicia a quen lle corresponden
as competencias e funcións en materia de planificación,
regulación e administración do ensino
regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades
e especialidades; a coordinación do sistema
universitario; o recoñecemento, tutela e rexistro das
fundacións docentes de interese galego; e as competencias
e funcións que lle atribúe o Decreto
268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea
o Museo Pedagóxico de Galicia, e o Decreto
214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica
o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea
e regula o Consello Galego de Formación Profesional.
Todo iso de conformidade co establecido na Lei orgánica
1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o
Estatuto de Galicia, na Lei 7/1983, do 22 de xuño,
de réxime das fundacións de interese galego (modificada
pola Lei 11/1991, do 8 de novembro), na
Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema
universitario de Galicia, na Lei 3/2002, do
29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo,
na Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello
Galego de Universidades, e nas leis orgánicas reguladoras
do sistema educativo español.
Artigo 2º.Estrutura.
1. Para o desempeño das súas funcións a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria
estrutúrase nos seguintes órganos:
I. A conselleira ou o conselleiro.
II. A Secretaría Xeral.
III. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación
Educativa.
IV. A Dirección Xeral de Formación Profesional
e Ensinanzas Especiais.
VI. A Dirección Xeral de Ordenación e Calidade
do Sistema Universitario de Galicia.
VII. A Dirección Xeral de Promoción Científica
e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.
VIII. As delegacións provinciais.
IX. Os órganos colexiados.
2. Queda adscrito á Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria como ente de dereito
público, creado pola Lei 3/2002, do 29 de abril,
a Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación
da Formación Profesional.
3. Son órganos colexiados da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria os seguintes:
a) O Consello Escolar de Galicia, creado pola
Lei 3/1986, do 18 de decembro.
b) O Consello Galego de Universidades, creado
pola Lei 2/2003, do 22 de maio.
c) O Consello Galego de Educación e Promoción
de Adultos, creado pola Lei 9/1992, do 24 de xullo.
d) O Consello Galego de Formación Profesional,
creado polo Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado
polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo.
e) A Comisión Asesora de Formación do Profesorado,
creada polo Decreto 245/1999, do 29 de
xullo.
Artigo 3º.-A conselleira ou conselleiro.
A conselleira ou conselleiro é a autoridade superior
da consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce
as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei
de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora
da Xunta e do seu presidente, modificada pola
Lei 11/1988, do 20 de outubro.
Artigo 4º.-A Secretaría Xeral.
A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións
determinadas no Decreto 119/1982, d


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.