Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comu

nidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden, entre outras, as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, incluída a xestión dos servizos educativos complementarios.

O marco xurídico autonómico que regula na actualidade o servizo de comedor escolar recóllese basicamente no Decreto 16/1984, do 9 de febreiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares (DOG do 29 de febreiro), modificado polo Decreto 283/1986, do 25 de xuño (DOG do 14 de outubro) e polo Decreto 443/1990, do 13 de setembro (DOG do 27 de setembro).

No transcurso destes anos, a realidade social vén demandando das administracións públicas unha nova regulamentación do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos. Este servizo educativo ten un carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación obrigatoria dentro dos principios de igualdade, en especial entre homes e mulleres, e solidariedade.

Pola súa banda, o artigo 82.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, LOE (BOE do 4 de maio), establece que as administracións educativas prestarán, en determinados supostos, de forma gratuíta os servizos escolares de transporte escolar e, se for o caso, comedor.

Resulta, pois, necesario neste momento establecer un marco normativo que, de acordo coas previsións legais existentes, concrete, mellore e adecue o réxime xeral de funcionamento do servizo de comedor escolar nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que permita dar resposta ás demandas reais e actuais ao respecto.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, conforme os ditames do Consello Consultivo e do Consello Escolar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.
1. O presente decreto ten por obxecto a regulamentación do funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que impartan os niveis de ensino obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

2. Entenderase como servizo de comedor os servizos de xantar e de atención aos usuarios nos períodos de tempo libre anterior e posterior, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais.

3. A consellería garantirá, mediante a modalidade que considere máis conveniente, a prestación do servizo de comedor escolar ao alumnado a que se refire o artigo 8º do presente decreto, tendo en conta, en todo caso, o disposto na disposición transitoria do presente decreto.

Artigo 2º.-Modalidades de prestación do servizo.
1. O servizo de comedor prestarase nalgunha das seguintes modalidades:
a) Xestión directa polo propio centro, por medio de persoal funcionario, docente ou non, e por persoal laboral, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerán as funcións que se regulen na orde de desenvolvemento deste decreto.

b) Xestión directa mediante a elaboración de comidas centralizadas en cociñas propias con persoal da Administración, e transportadas a outros centros docentes próximos, contratando o mencionado servizo cunha empresa do sector hostaleiro.

c) Contratación da subministración de comidas preparadas ou da elaboración de comidas nas dependencias do centro a cargo dunha empresa do sector hostaleiro adxudicataria do servizo polo procedem


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.