Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia.

O artigo 27.10 da Constitución de 1978 consagrou, por vez primeira no noso dereito, a autonomía das universidades, desenvolvida, pola súa vez, pola Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

Esta lei fundaméntase na competencia plena que, segundo o artigo 31 do Estatuto de autonomía, exerce a Comunidade Autónoma de Galicia para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, incluídos, polo tanto, os estudios universitarios, e asemade no disposto no artigo 14 da Lei orgánica 6/2001, que lles atribúe ás comunidades autónomas a competencia lexislativa para a regulación dos consellos sociais das universidades da súa competencia, que será exercida con prontitude a teor das modificacións introducidas na configuración do órgano, que deixan obsoleta a normativa autonómica vixente. É esta, ademais, unha excelente oportunidade para aplicarlle á nova norma a experiencia acumulada desde a aprobación da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, modificada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia.

Esta lei aséntase na firme convicción de que os poderes públicos, as universidades e a sociedade deben compartir esforzos e responsabilidades de cara ó común obxectivo de acada-la máxima calidade e a máxima eficacia na prestación do servicio público de ensino superior universitario.

O Consello Social é o órgano de goberno da universidade, que garantirá a participación das forzas sociais e colaborará na obtención dos recursos necesarios para acada-lo máximo autofinanciamento da institución universitaria.

Así mesmo, o Consello Social fará posible que os membros da comunidade universitaria cumpran coas súas respectivas responsabilidades, co fin de satisface-las necesidades educativas, científicas e profesionais da sociedade e, ó mesmo tempo, que as universidades lle rendan contas á sociedade do uso dos seus recursos. A lexitimidade do órgano descansa, pois, na súa pretensión de aproxima-la universidade á sociedade, de tender unha ponte entrambas, que permita harmoniza-las preferencias académicas e as sociais e asegure o emprego adecuado dos medios postos á disposición daquela.

É por iso que esta regulación configura o Consello Social como peza angular da estructura universitaria, na medida en que a súa función é a de servir de instrumento para garanti-la participación das diversas forzas sociais no seu goberno e procurala impli

cación das universidades no desenvolvemento de Galicia.
O capítulo I, tras acouta-la extensión da eficacia desta lei, procede a definir e a fixa-las funcións do Consello Social, establecendo coa máxima claridade as súas competencias, de acordo coas novas orientacións da Lei orgánica 6/2001. Finalmente, o artigo 6 refírese ás relacións do Consello Social coas demais instancias da universidade, cos órganos autonómico e estatal de avaliación externa e mais coas restantes institucións e organismos cos que comparta algunha das súas competencias.

No capítulo II establécese unha composición do Consello Social que procura garanti-la máxima representatividade dos principais intereses sociais e o respecto ó estipulado na Lei orgánica 6/2001, e determina, ademais, o estatuto xurídico dos seus integrantes, prestándolles unha especial atención ós seus dereitos e deberes, todo isto a prol da transparencia e operatividade no funcionamento do órgano.

O capítulo III aborda os aspectos básicos da organización e do funcionamento do Consello Social, e remite a un regulamento que elaborará o propio órgano.

E o capítulo IV completa a regulación do Consello Social no que se refire ó seu orzamento e á organización de apoio que lle permita o exercicio das súas funcións.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.