Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Decreto 435/2003, do 27 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en xestión do transporte.

PARTE I


De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía, de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e co Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais

sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, e que habilita as comunidades autónomas para a execución e o desenvolvemento desta norma, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1654/1994, do 22 de xullo, establece o título de técnico superior en xestión do transporte e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e autoriza na súa disposición derradeira primeira, punto 2, as comunidades autónomas para dictaren, no ámbito das súas competencias, as normas que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de

resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se requiren do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico coma de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estr


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.