Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Decreto 435/2003, do 27 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en xestión do transporte.



PARTE III



Nº Realizacións Criterios de realización






4.6. Organiza-la campaña publicitaria de acordo cos obxectivos definidos, controlando a eficacia da acción desenvolvida. * Identifícanse os obxectivos da campaña publicitaria para a organización axeitada da actividade.

* A organización do plan está perfectamente estructurada e programada e as actuacións están axustadas en tempo e forma ós plans establecidos.


* Contrólase a correcta aparición, coa frecuencia e o tempo contratados, dos elementos publicitarios nos distintos medios.


* Deséñanse, se é o caso, diferentes tests e enquisas baseados no recordo da publicidade (test de asociación de ideas entre un producto e unha ou varias marcas, test de asociación de ideas entre un tipo de producto e un tema publicitario, test de identificación da marca e outros) para recolle-la información necesaria e avalia-la eficacia da acción publicitaria.


* Dánselles instruccións ós enquisadores sobre procedementos e poboación obxectivo que faciliten o desenvolvemento do traballo de campo, cando é necesario.


* Obtéñense no momento axeitado as desviacións, comparando os logros cos obxectivos perseguidos pola acción publicitaria en relación principalmente ó público obxectivo e ó volume de vendas, para adoptar medidas eficaces de corrección.


* Adóptanse solucións, de acordo coa responsabilidade asignada, cando se detecta calquera anomalía na execución da campaña publicitaria.


* Obtense información sobre a rendibilidade que supuxo a execución da campaña a través do cálculo das ratios adecuadas (custo/número de unidades vendidas...).


* Preséntase en tempo e forma a valoración da acción publicitaria para adoptar, cando proceda, medidas correctoras.



4.7. Controla-lo desenvolvemento e a evolución das actuacións do equipo de vendas, para optimiza-la actividade e logra-los obxectivos previstos. * Organízase o proceso de control do desenvolvemento da actuación do equipo de venda, definindo métodos para detectar rapidamente calquera anomalía.

* Verifícase o correcto cumprimento dos termos do contrato de prestación do servicio.


* Valórase en termos de custos a incidencia na prestación do servicio, analizándose as medidas que solucionen a situación favorablemente.


* Contáctase, se é necesario, co cliente, expóndolle a anomalía e negociando condicións que satisfagan a ámbalas dúas partes.


* Obtense información periódica sobre a eficacia do vendedor respecto ós obxectivos previstos en función das vendas e o tipo de canle de distribución, a través dos procedementos establecidos.



* Detéctanse no momento axeitado problemas, oportunidades e puntos fortes e débiles a partir da análise dos informes presentados periodicamente polos vendedores.


* Realízase un balance cuantitativo e cualitativo da actividade da venda, comparando correctamente as realizacións e previsións e propondo accións correctoras cando as desviacións non están dentro da marxe aceptable.


* Obtense periodicamente información precisa sobre a situación e rendibilidade das vendas a través do cálculo de ratios específicas (obxectivos/realización, número de pedidos/número de visitas, vendas por producto/zona/cliente, gastos/vendas) para adoptar, se é o caso, medidas correctoras.


* Detéctase se o problema da desviación ten a súa orixe no plan de mercadotecnia ou no equipo de vendas, a través de procedementos establecidos.


* Resólvese a reclamación cando supera a responsabilidade do equipo de vendas, sempre co consentimento e conformidade do cliente, tendo en conta a política establecida pola empresa e a satisfacción de ámbalas dúas partes.




Dominio profesional
-Información e documentación (natureza, tipos e soportes):
Estudios de mercado sobre o sector de transporte de mercadorías e viaxeiros, tarifas, actuacións da competencia. Plan de mercadotecnia. Lista ABC de venda. Rapport de visitas. Fichas de clientes. Infor


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.