Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades.

O artigo 27.10º da Constitución de 1978 consagrou, por vez primeira no noso dereito, a autonomía das universidades, desenvolvida, pola súa vez, pola Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

Esta lei fundaméntase na competencia plena que, segundo o artigo 31 do Estatuto de autonomía, exerce a Comunidade Autónoma de Galicia para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, á vez que no disposto no artigo 2.5º da Lei orgánica 6/2001, que lles asigna ás comunidades autónomas as tarefas de coordinación das universidades da súa competencia, sen prexuízo das funcións atribuídas ó Consello de Coordinación Universitaria, conferíndolles, polo tanto, a potestade de establece-los órganos consultivos que estime oportunos.

A Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, deu lugar a que se crease un órgano de consulta e asesoramento, e así se fixo pola Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia.

A nova regulación estatal e a experiencia acumulada durante estes anos aconsellan a aprobación dunha nova norma, máis exhaustiva, dada a substantividade propia do Consello Universitario e do Consello Social como entidades independentes, logrando así unhas normas que permitan ter unha coordinación áxil e eficaz, en prol dunha política universitaria consensuada entre tódolos seus axentes no marco do sistema universitario de Galicia.

O capítulo preliminar establece as directrices mestras da coordinación universitaria. Deste xeito, acóutase a extensión da eficacia desta lei, asígnaselle seguidamente a competencia en materia de coordinación universitaria a un departamento da Administración autonómica e establécense os medios e fins da cooperación entre as universidades.

O capítulo I define e fixa os aspectos fundamentais do Consello Galego de Universidades, como a súa sede e a súa adscrición orgánica. A continuación, establécese un elenco de competencias consecuente coa natureza e finalidade do órgano, e finalmente faise referencia ás relacións do órgano coas instancias das universidades que o integran e co órgano de avaliación externa autonómico.

No capítulo II establécese a composición do Consello Galego de Universidades, con representantes

da Administración autonómica, das universidades galegas e do Parlamento de Galicia, así como diversos aspectos do estatuto xurídico dos seus membros.

O capítulo III aborda os aspectos básicos da organización e do funcionamento do Consello Galego de Universidades, remitindo a un regulamento do que elaborará o propio órgano o seu desenvolvemento.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei do Consello Galego de Universidades.

Capítulo preliminar
Coordinación universitaria e os seus fins
Artigo 1º.-Obxecto e marco normativo da lei.
Esta lei ten por obxecto o desenvolvemento das funcións de coordinación universitaria que lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia respecto das universidades públicas e privadas da súa competencia, no marco establecido polo artigo 27.10º da Constitución, o artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, as súas disposicións de desenvolvemento e as competencias que lle corresponden ó Consello de Coordinación Universitaria, así como ós demais órganos da universidade, en virtude da autonomía desta.

Artigo 2º.-Coordinación e cooperación interuniversitaria.
1. As tarefas de coordinación das universidades, comprendidas no artigo anterior, correspóndenlle á consellería competente en materia universitaria, que contará, para o seu desenvolvemento, co asesoramento institucional do Con


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.