Menu
  Información
  Abónese
  Servicios Gratuitos
  Ayuda
  Mapa del sitio
  Contactar
 Demostración

 Solicitar una
 demostración

 E-mail  

 Abonados

 Acceso usuarios

 usuario  
 contraseña  

 


Legislación básica
 

Decreto 435/2003, do 27 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en xestión do transporte.

PARTE II



Nº Realizacións Criterios de realización






-Tempo mínimo de dispoñibilidade dos viaxeiros previo ó embarque, para cada medio de transporte.


-Minimización de tempos mortos e retornos de baleiro.

* Cando é necesario, organízanse adecuadamente de acordo cos correspondentes, filiais e/ou franquías os transportes especiais (de mercadorías voluminosas, perigosas e/ou perecedoiras) determinando:


-Características técnicas dos vehículos e equipos especiais necesarios.


-Especificacións legais e/ou técnicas requiridas para o persoal de tráfico empregado.


-Rutas, itinerarios e horarios, de acordo coa Administración pública competente, segundo estableza a normativa aplicable ó transporte concreto.


-Apoios na ruta necesarios e/ou establecidos legalmente por parte da Administración pública competente.


* Determínanse as modificacións na organización do tráfico precisas para diminuír tempos e custos e/ou mellora-la calidade do servicio establecendo, cando proceda, acordos con provedores, correspondentes e/ou franquías.


* Determínanse as características e o volume de recursos humanos e materiais de reserva, definíndonse acordos con empresas colaboradoras para asegura-la solución das continxencias que se produzan no tráfico e/ou facendo fronte a aumentos na demanda de servicios sobre as previsións realizadas.



2.3. Xestiona-la utilización da flota e/ou a contratación de unidades de transporte ou de espacios de carga noutros medios, asignando os recursos humanos e materiais necesarios a cada servicio, segundo a organización e planificación establecidas, de maneira que se consiga a súa máxima rendibilidade e a calidade do servicio, e se garanta o cumprimento das normas de seguridade vial. * Obtense a información precisa do departamento de mantemento, sobre a dispoñibilidade da propia flota e a súa posible utilización para o transporte previsto.

* Contrólase a situación dos vehículos que se están reparando, a súa duración, o lugar da reparación e o orzamento asignado.

* Realízanse avaliacións periódicas da vida útil da flota, tendo en conta o grao de utilización e a lexislación vixente, para controla-la súa renovación e o cumprimento da normativa.

* Obtense con suficiente antelación a información precisa do departamento comercial e/ou dos clientes, centros de distribución de cargas e empresas colaboradoras do sector sobre os transportes contratados.


* Asígnanse as cargas ás unidades de transporte regular e/ou discrecional en función das características técnicas, do horario e do percorrido, conseguindo a optimización dos recursos, evitando retornos de baleiro, a media carga e tempos mortos, e a calidade do servicio.


* Establécese, se é necesario, a ampliación necesaria do número de saídas que ten unha liña, avaliando a cantidade de carga e as súas características.


* Cando as unidades da flota propia son insuficientes para satisface-los servicios contratados ou a súa rendibilidade o require, procédese ó alugamento de medios de transporte de empresas colaboradoras nas condicións establecidas, ou á contratación doutros medios nas mellores condicións segundo a situación do mercado.


* Compróbase que o medio de transporte propio ou contratado cumpre tódolos requisitos establecidos e posúe tódalas autorizacións e equipos necesarios para a súa posta en marcha, de maneira que se garanta o cumprimento das normas de seguridade vial aplicables ó transporte de viaxeiros e mercadorías, identificando e/ou establecendo:


-Estado técnico das unidades de transporte a partir dos informes correspondentes.


-Características técnicas, cos debidos permisos (número de eixes, pesos e dimensións, contaminación, tacógrafo, etc.).


-Tarxetas para desenvolve-lo transporte (ámbito autonómico, estatal, internacional, mercadorías perigosas, transportes especiais, etc.).


-Equipos para transportes especiais, cando sexan necesarios.


* Ve


Magislex® Servicio de legislación educativa
      © 2021 Siena, S.A.